A Lei de normalización lingüística

Esta lei recoñece que todas as persoas galegas teñen o dereito de usar o galego. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma, e adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.

O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma. Tamén o é o castelán como lingua oficial do Estado.

A cidadanía ten dereito a usar o galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración Pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. As actuacións administrativas en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada, galego ou castelán. Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa cidadanía.

44 / 62