Formación específica en lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística forma o persoal funcionario en linguaxe administrativa e xurídica co fin de contribuír á calidade dos servizos públicos e de garantir o dereito da cidadanía a expresarse e recibir información en galego.

As actuais linguaxes xurídica e administrativa galegas, modernas, simplificadas e comprensibles, deben ser coñecidas polo funcionariado co fin de que este poida mellorar tanto a calidade e eficacia das relacións interadministrativas como as relacións da Administración coa cidadanía.

Con esta finalidade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza -en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública e coas escolas oficiais de idiomas- cursos oficiais, presenciais e en liña, de linguaxes específicas dirixidos a persoal da Administración.

Ponse ao dispor de todas as persoas interesadas unha escolma, en aberto, dos materiais empregados nos devanditos cursos, que inclúe manuais, modelos de documentos e cursos en liña (cos seus contidos teóricos, exercicios de autorresolución e recursos).

46 / 62