Igualdade

Desde a Xunta de Galicia, estamos convencidas/os de que os avances sociais en materia de igualdade de oportunidades significan apuntalar unha serie dereitos subxectivos a prol da muller que están a configurar unha sociedade máis equilibrada e solidaria. Así, a non discriminación por razón de sexo constitúe unha obriga de dereito internacional que debe inspirar o resto de dereitos fundamentais e guiar a nosa conduta cotiá.

Daquela, a plena participación profesional das mulleres nos procesos de toma de decisións equivale a unha garantía de progreso e desenvolvemento en todas as áreas do coñecemento. E para que esta transformación se produza resulta determinante que haxa o máximo grao de receptividade e de implicación por parte dos homes. Desde a Administración autonómica traballamos día a día neste empeño, lexislando e regulando normativamente todos aqueles aspectos que contribúan a mellorar a situación das mulleres traballadoras para que poidan conciliar de xeito doado os ámbitos laboral e familiar e ser plenamente donas de si mesmas.

28 / 62