Servizos da Oficina Técnica

A Xunta de Galicia dispón dun Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas nos servizos centrais, coñecido como Oficina Técnica, que conta cunha unidade no edificio administrativo de Monelos da Coruña e outra no edificio administrativo de Pontevedra; así como con cadansúa sección nos edificios de Lugo e Vigo.

Vostede pode contactar coa Oficina Técnica para utilizar os seguintes servizos:

Emisión da tarxeta de empregado público e a renovación do certificado dixital

  • Para obter a tarxeta de empregado público, cubrirase o formulario KR001, conforme as indicacións do Servizo de Persoal correspondente (indicando se é a primeira ou se xa tivo tarxeta antes), e enviarase ao correo electrónico tarxetas-identificacion@xunta.gal. Teléfonos de contacto: 981 957962 e 981 957700.
  • Antes da caducidade do seu certificado dixital, recibirá un correo electrónico para que proceda a renovalo segundo os pasos que lle indican. 

Acceso ao garaxe de funcionariado e persoal laboral da Xunta de Galicia en San Caetano

Para estacionar o vehículo neste garaxe, cubrirase este formulario e enviarase ao correo electrónico tarxetas-identificacion@xunta.gal. Teléfono de contacto: 981 957962

Tramitación das autorizacións de acceso aos edificios administrativos de empresas e persoal externo

As empresas de paquetería, material de oficina, técnicos de fotocopiadora etc. con cuxos vehículos desexen entrar nos recintos dos edificios administrativos comunicaranllo á unidade administrativa destinataria da actuación para que desde esta se solicite, a través da aplicación Rexac, nesta ligazón ou aquí. Teléfono de contacto: 981 544278.

Reserva de salas e salóns de uso común

Para formalizar unha solicitude de reserva deste tipo de locais, cubrirase o formulario de solicitudes e reserva de salas e infraestruturas que corresponda segundo a localización da sala solicitada.

  • Servizos centrais (San Caetano e Pazo de San Roque): antes de cubrir a solicitude, farase unha reserva no teléfono 981 544242. Posteriormente enviarase o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico oficina.tecnica.santiago@xunta.gal - Teléfono de contacto: 981 544278
  • Edificio Administrativo da Coruña (Monelos): enviarase o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico oficina.tecnica.coruna@xunta.gal - Teléfono de contacto: 981 182569
  • Edificio Administrativo de Lugo (Ronda da Muralla): enviarase o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico delegacion.territorial.lugo@xunta.gal - Teléfono de contacto: 982 294065
  • Edificio Administrativo de Ourense (Avenida da Habana): enviarase o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico delegado.ourense@xunta.gal - Teléfono de contacto: 988 386057
  • Edificio Administrativo de Pontevedra (Avenida María Victoria Moreno): enviarase o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico mantemento.po@xunta.gal - Teléfono de contacto: 986 805545
  • Edificio Administrativo de Vigo (Concepción Arenal): enviarase o formulario cuberto e asinado ao correo electrónico secretaria.territorial.vigo@xunta.gal. - Teléfono de contacto: 986 817040

Mantemento

Este servizo inclúe as seguintes incidencias nas instalacións e mobiliario, que se atenderán nos seguintes contactos:

  • As incidencias atendidas pola empresa adxudicataria de mantemento:
    • Servizos centrais: teléfono 981 544242
    • A Coruña: teléfono 981 182111
    • Lugo: teléfono 982 294218
    • Ourense: teléfonos 629 255 565, 619 318 459, 609 124 670
    • Pontevedra: teléfono 986 805545
    • Vigo: teléfono 986 817600
  • Avarías ou axustes nas instalacións (problemas no funcionamento ou necesidade de axuste na calefacción, climatización, iluminación, mobiliario...) atendidos polos departamentos técnicos da Xunta de Galicia:

Limpeza e xardinería 

Xestionaranse os contratos centralizados de xardinería e limpeza a través dos seguintes contactos: