Xornada laboral
A xornada laboral do persoal empregado público da Xunta de Galicia pode ser:
  • Xornada ordinaria: a duración máxima da xornada de traballo será de trinta e sete horas e trinta minutos semanais.
  • Xornada de especial dedicación: a duración máxima correspondente aos postos de traballo con xornada de especial dedicación será de corenta horas semanais.
  • Xornada de verán: durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos, establecerase unha xornada de traballo distinta á ordinaria, cuxa duración será determinada pola consellería competente en materia de función pública.

Durante a xornada de traballo poderase desfrutar dunha pausa por un período máximo de 30 minutos, que se computará como tempo de traballo efectivo. Esta interrupción non poderá afectar o funcionamento do servizo.