Directrices de comportamento
As principais directrices de comportamento de todos/as empregados/as públicos/as son as seguintes:
- Prohíbeselles recibir agasallos e dádivas. Exceptúanse determinadas atencións protocolarias e mostras de cortesía.
- Absteranse de cometer abusos de poder, situacións de vantaxe ou tratamento de privilexio.
- Refórzanse os mecanismos de supervisión da imparcialidade e a obxectividade nos procedementos de selección de persoal e de contratación.
- Incídese no uso responsable e optimización dos recursos e medios públicos, tales como instalacións, maquinaria, vehículos, teléfonos, ordenadores ou fotocopiadoras, que deben ser usados só no exercicio do cargo ou posto.
- Introdúcense novas esixencias para os cargos públicos en materia de incompatibilidades e de conflito de intereses.
- Establécense criterios integrais para a aplicación das disposicións relativas ás viaxes oficinais ao exterior, facendo especial incidencia durante os períodos electorais.
Así mesmo, o persoal empregado público coidará con especial esmero o material á súa disposición para o desempeño das funcións que se lle encomende, facendo uso del unicamente para cometidos relacionados coa súa actividade profesional na Administración. En especial, esforzarase por manter limpo e ordenado o seu posto de traballo e por manter unha presenza física digna e decorosa.
24 / 62