Identidade corporativa
A identificación corporativa da Xunta de Galicia está directamente relacionada coa súa imaxe, que ten un forte impacto no ámbito da comunicación como elemento de cohesión, recoñecible e diferencial. O Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia ten por obxecto aprobar a imaxe corporativa institucional do Goberno e do sector público autonómico de Galicia e regular o seu uso.
O decreto anterior tamén aproba o Manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia. Os elementos básicos da imaxe corporativa son o símbolo constituído polo escudo de Galicia e o logotipo corporativo formado pola plasmación tipográfica da expresión ⟪Xunta de Galicia⟫.
19 / 62