Plan xeral de xestión e mellora da calidade 2021-2023
O Plan xeral de xestión e mellora da calidade dos servizos do sector público autonómico de Galicia abrangue a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades públicas instrumentais previstas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Este Plan desenvolverá medidas prioritarias estruturadas arredor destes dez eixos de actuación:
- Eixo 1: Funcionamento dos servizos públicos
- Eixo 2: Xestión da calidade e instrumentos de mellora da calidade
- Eixo 3: Racionalización e simplificación de procedementos administrativos
- Eixo 4: Contratación administrativa
- Eixo 5: Xestión do persoal
- Eixo 6: Transparencia
- Eixo 7: Información e atención á cidadanía
- Eixo 8: Participación cidadá
- Eixo 9: Integridade institucional
- Eixo 10: Difusión e comunicación
Ligazóns relacionadas
12 / 62