Dereitos de carácter individual
Dereitos individuais
Os/as empregados/as públicos/as incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei do emprego público de Galicia teñen os seguintes dereitos de carácter individual en correspondencia coa natureza xurídica da súa relación de servizo:
- Á inamovibilidade na condición de persoal funcionario de carreira.
- Ao desempeño efectivo das funcións ou tarefas propias da súa condición profesional e de acordo coa progresión acadada na súa carreira profesional.
- Á progresión na carreira profesional e á promoción interna segundo os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade mediante a implantación de sistemas obxectivos e transparentes de avaliación.
- Á mobilidade profesional nos termos previstos pola Lei do emprego público de Galicia.
- Ás vacacións, descansos, permisos e licenzas, logo de acreditación documental, de ser o caso, das circunstancias que os xustifiquen nos termos que regulamentariamente se determinen.
- A percibir as retribucións e as indemnizacións por razón do servizo.
- Ás prestacións da Seguridade Social correspondentes ao réxime que lles sexa aplicable.
- A participar na consecución dos obxectivos atribuídos á unidade onde presten os seus servizos e a ser informados polos seus superiores das tarefas que deben desenvolver.
- Á defensa xurídica e protección da Administración pública en que presten servizos nos procedementos que se sigan perante calquera orde xurisdicional como consecuencia do exercicio lexítimo das súas funcións ou cargos públicos.
- Á formación continua e á actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades profesionais, preferentemente en horario laboral.
- Ao respecto da súa intimidade, orientación sexual, propia imaxe e dignidade no traballo, especialmente fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, moral e laboral.
- Á non discriminación por razón de nacemento, orixe racial ou étnica, sexo ou orientación sexual, relixión ou conviccións, opinión, discapacidade, idade ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
- Á adopción de medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
- Á liberdade de expresión dentro dos límites do ordenamento xurídico.
- A recibir protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.
- Á xubilación segundo os termos e as condicións establecidas nas normas aplicables.
- Á libre asociación profesional.
- Ao acceso ao seu expediente persoal nos termos que regulamentariamente se determinen.
- Aos demais dereitos recoñecidos polo ordenamento xurídico.
Ligazóns relacionadas
35 / 62