Dereitos
 
 Dereitos individuais
Os/as empregados/as públicos/as incluídos no ámbito de aplicación desta lei teñen os seguintes dereitos de carácter individual en correspondencia coa natureza xurídica da súa relación de servizo:
- Á inamovibilidade na condición de persoal funcionario de carreira
 - Ao desempeño efectivo das funcións ou tarefas propias da súa condición profesional
 - Á progresión na carreira profesional e á promoción interna
 - Á mobilidade profesional
 - Ás vacacións, descansos, permisos e licenzas que regulamentariamente se determinen
 - A percibir as retribucións e as indemnizacións por razón do servizo
 - Ás prestacións da Seguridade Social
 
Máis información sobre os dereitos de carácter individual nesta páxina.
Dereitos sociais
Os/as empregados/as públicos/as teñen os seguintes dereitos individuais que se exercen de forma colectiva, segundo o previsto na Lei do emprego público de Galicia:
- Á liberdade sindical
 - Á negociación colectiva, á representación e á participación institucional para a determinación das condicións de traballo
 - Á folga, sen prexuízo da garantía do mantemento dos servizos esenciais da comunidade
 - A suscitar conflitos colectivos de traballo
 - Á reunión.
 
Máis información sobre os dereitos sociais nesta páxina.
Ligazóns relacionadas
34 / 63