Menu ancla, acordeon
Dereitos

Dereitos individuais

Os empregados públicos incluídos no ámbito de aplicación desta lei teñen os seguintes dereitos de carácter individual en correspondencia coa natureza xurídica da súa relación de servizo:

  • Á inamovibilidade na condición de persoal funcionario de carreira.
  • Ao desempeño efectivo das funcións ou tarefas propias da súa condición profesional
  • Á progresión na carreira profesional e á promoción interna
  • Á mobilidade profesional
  • Ás vacacións, descansos, permisos e licenzas que regulamentariamente se determinen.
  • A percibir as retribucións e as indemnizacións por razón do servizo.
  • Ás prestacións da Seguridade Social

Dereitos sociais

  • FONDO DE ACCIÓN SOCIAL: A Administración da Xunta de Galicia destina anualmente unha porcentaxe da dotación orzamentaria para custos de persoal á concesión de axudas de carácter social.
  • PÓLIZAS DE SEGUROS: A Consellería de Facenda formalizou unha póliza de seguro que cubre os riscos de accidentes do persoal ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as entidades públicas instrumentais...
  • ANTICIPO DE NÓMINA: É posible solicitar un adianto de nómina